Xornada Interxeneracional na residencia Santa Ana

dav

A Concellería de Benestar Social, que dirixe Verónica Carrera, pechou hoxe a prestación do servizo das alumnas do módulo de sociosanitaria do obradoiro de emprego cunha xornada interxeneracional na que maiores e cativos xogaron a diferentes xogos populares aportando todos e todas os seus coñecementos.

Para a concelleira Verónica Carrera é imprescindible recuperar a relación entre maiores e pequenos que resulta enriquecedora e que fomenta a participación e a soliedariedade.