Xogos para facer na casa, vídeo contos en galego e artesanías para entreterse en familia ou só

Co obxectivo de ofrecer alternativas didácticas de lecer dentro dos fogares, a concellería de Ensino amplía, en colaboración coa mestra de primaria Susana Lamela, a listaxe de recursos lúdicos cos que poder entreterse de xeito individual ou en familia.

No botón recursos lúdicos e educativos da páxina web do Concello, pódense atopar distintos enlaces a xogos, vídeos, manualidades, cine, experimentos, receitas e lectura, todos eles gratuítos. A tan só un clik a cultura e o lecer están nas nosas mans http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/03/Recursos-educativos.pdf