Xogabasket 2º Xornada

xogabasketO Clube Baloncesto Condado – C.ESestelo & Cia, a Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Ponteareas organizan este día de baloncesto cos seguintes
obxectivos:

  • Que os nenos/ás que xa están integrados na nosa escola teñan unha xornada de adestramento extra na que faremos cousas novas.
  • Que os nenos/ás que non practicase este deporte ou que o fai esporadicamente achéguense para poder probar as súas habilidades e ver se no futuro lles gustaría pertencer ao noso Club.
  • Que calquera neno/a poida se quere gozar dun día de baloncesto.

Este “XOGABASKET” terá lugar no C.D.MAlvaro Pino de Ponteareas o sábado 9 de Setembro de 16,00 h. a 18,00 h. Continuaremos facendo un rexistro con fichas de todos os nenos que acudan de forma que intentamos seguir os cambios físicos e técnicos dos nenos.
Esta xornada é totalmente gratuíta e pódese deixar os nenos alí no momento que empeza e volver recollelos ao finalizar o evento.