Ximnasia cerebral para estar aínda máis en forma!!!

No noso botón de recursos lúdicos e educativos as familias atoparán hoxe actividades para manter en forma o noso cerebro. Exercicios que axudarán a espertar os dous hemisferios, a normalizar a presión sanguínea, a aumentar a atención e a facilitar o balance da actividade nerviosa entre outros moitos beneficios para a saúde física e cerebral.

Nesta ligazón atoparedes distintos exercicios que pode practicar toda a familia http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/04/Recursos-educativos.pdf

Ademais, tamén atoparás novas aplicacións para xogar en familia e superar distintos retos cos que facer do tempo de quedar na casa un tempo de diversión familiar.