Xa están publicadas as listaxes de admitidos na escola infantil municipal

A concellaría de Benestar Social, que dirixe Verónica Carrera, informa que xa están publicadas as listaxes de admitidos na escola infantil municipal. Todas as familias poderán consultar o documento na seguinte ligazón da páxina web do Concello https://ponteareas.gal/listaxe-admitidos-escola-infantil-20-21/

Tamén poden acceder a través da páxina web municipal no botón “listaxe admitidos escola infantil 2020-2021”

Verónica Carrera adianta que todas as familias que cumprían os requisitos conseguiron praza para o vindeiro curso escolar que arrancará no mes de setembro seguindo as directrices que marquen os protocolos da normativa COVID-19.