As persoas interesadas poderán anotarse ata o 31 de maio
O Conservatorio e Escola de Música de Ponteareas prepárase xa para o vindeiro curso 2022/2023. Ata o próximo 31 de maio estará aberto o prazo para todas as persoas que desexen desenvolver as súas inquietudes musicais poidan inscribirse nas probas de acceso que se convocan para os ensinos musicais elementais e profesionais do centro.
Aínda que a idade mínima para acceder a estes estudos oficiais no primeiro curso de ensinos elementais é de 8 anos cumpridos neste 2022, no Conservatorio ponteareán os rapaces e rapazas poden iniciarse na música xa dende os 6 anos grazas á Escola de Música, dirixida por Francisco Abal.
Tras rematar o prazo de inscrición, o vindeiro 3 de xuño publicarase a listaxe provisional de admitidos e o 6 de xuño os horarios e tribunais designados para avaliar e cualificar as probas específicas de acceso, que se realizarán do 13 ao 16 de xuño. O prazo de matriculación será do 27 ao 30 de xuño.
As persoas interesadas poderán consultar toda a información sobre a inscrición, as probas e as datas na páxina web do centro ou achegarse ás oficinas do Conservatorio en horario de tarde.
A Concellaría de Ensino, que dirixe a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, anima a todas e todos os ponteareáns con inquedanzas musicais a participar nestas probas de acceso.