Volve o Basket na Rúa 3×3 á Praza Maior de Ponteareas

O Club Baloncesto Ponteareas e a Concellería de Deportes, dirixida por Benito Márquez presentaron esta semana o Basket na Rúa 3×3, evento deportivo que se que terá lugar o vindeiro sábado día 02 de setembro dende ás 16:00 horas na Praza Maior.
Este torneo contará con tres categorías: senior-junior, cadete-infantil e categoría minibasket-benxamín.
Os equipos poderán ter un máximo de catro xogadores e o capitán pode ser un dos catro ou outra persoa. As inscripcións feitas antes do 01 de setembro ás 12:00 terán preferencia ata completar os 16 equipos que serán admitidos como máximo.
A preinscrición poderase facer na rede social Facebook do Clube Baloncesto Condado (www.facebook.com/ClubBaloncestoCondado), a través do seu blog (www.cbcondado.blogspot.com), , ou no teléfono 670969826.