O voluntariado de Voltea tamén actuará en Guillade

A agrupación de voluntariado  medioambiental de Ponteareas continúa coa súa colaboración na recuperación do solo afectado polos incendios e amplia o seu calendario de actuacións sumando unha intervención en Guillade. A agrupación Voltea realiza previamente reunións coas Comunidades de Montes para a avaliación dos danos e plantexamento das accións axeitadas para recuperar cada zona con medidas específicas. 

Rosa Covelo, bióloga coordinara do voluntariado de Ponteareas, é a encargada de visitar as zonas e organizar os grupos de voluntarios que nas fins de semana tentan tapar as feridas causadas polo lume. 

A día de hoxe pódese falar de arredor de 2500 hectáreas de solo queimado, mil de particulares e 1500 de comunidades de montes.

Voltea ten previsto xa o calendario de accións con voluntarios para os vindeiros días:

-Sabado 25 de novembro: Actuarase na Picaraña na zona da Comunidade de Montes de Ponteareas

-Sábado 2 de decembro: Actuarase en San Mateo tamén coa Comunidade de Montes. Precisaránse novos voluntarios que se poden anotar no mail voluntariado@ponteareas.gal ou no teléfono 687 764 516

En San Mateo como o monte xa ten un munching natural(follas das árbores caídas que cubren o solo) non é preciso espallar palla así que se procederá á limpeza de lixo nunha zona queimada na que  hai resto de escombros.

-Sábado día 9 de decembro: ás 18 horas Charla na Casa Cultural de Bugarín sobre voluntariado.

-Domingo 10 de decembro: Actuarase na zona da Picaraña na parte que é da Comunidade de Montes de Bugarín.

-Sábado 16 de decembro: Actuarase na zona de Angoares-Cabalón para o que tamén se precisarán voluntarios. Tamén se actuará en Guillade.