Volta “Coñece Ponteareas” en dobre sesión

A iniciativa, pensada para que os veciños e as veciñas coñezan mellor o patrimonio histórico da vila, organiza esta semana dúas rutas

CARTEL ANGOARES - CANEDOA concellería de Cultura organiza esta semana dúas novas edicións de “Coñece Ponteareas”, unha actividade deseñada para posibilitar que todas aquelas persoas interesadas en saber máis da historia da vila poidan facelo a través de diferentes rutas guiadas.

O xoves, 30 de xullo, terá lugar unha visita á Igrexa de Angoares e á ponte do Cabalón. A ruta, que sairá dende a Casa do Concello ás 19:30 horas, permitirá afondar no pasado da única igrexa galega con estilo románico e que, asemade, conta con relevantes elementos ornamentais. A ponte do Cabalón tamén ten tradición romana.

O venres, 31 de xullo, o lugar escollido será o Convento de Canedo, unha construción que antigamente foi coñecida como o Pazo dos Sarmiento, lugar onde naceu Agustina Sarmiento, que foi inmortalizada no cadro de Velázquez “As Meninas”. Esta última andaina partirá da Biblioteca Municipal ás 10:00 horas e percorrerá o Regato da Venda.

Todos aqueles interesados poden chamar ao número de teléfono 986 66 07 65 ou enviar unha mensaxe de correo electrónico a turismo@ponteareas.es.