Se vives en Ponteareas, participa

O Concello de Ponteareas, dentro do seu obxectivo de seguir impulsando a Participación Cidadá, continúa promovendo a implicación activa da cidadanía lanzando dúas novas enquisas que se unirán á que xa está activida para recoller as impresións daqueles novos veciños e veciñas que se achegaron a vivir ao municipio na última década.

A Concellería de Participación Cidadá, que dirixe a nacionalista Cristina Fernández, convida á veciñanza a respostar un cuestionario específico segundo o lugar de residencia das persoas tanto do casco urbano como das parroquias no rural.

Esta enquisa pretende avaliar tanto o nivel de satisfacción dos servizos xa existentes como ofrecer aos veciños e veciñas a posibilidade de propor novas iniciativas e actividades ademais de poder realizar queixas e aportacións sobre aqueles aspectos que consideran que non funcionan de xeito eficiente. 

Así, o Concello rexistrará tanto novas propostas como aspectos a mellorar en canto a equipamentos e servizos.

Todos os interesados e interesadas poden acceder aos diferentes modelos de enquisa a traverso da páxina web na pestaña “participación cidadá” ou entrando directamente na noticia colgada na portada da web e elexindo a ligazón axeitada.

-Cuestionario específico para os novos veciños/as que viñeron residir nos últimos 10 anos ao termo municipal https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfSSg5A1zeAFDn9GJpEHiTSH-PXROiXrOfFboIi6ukRY1oXdA/viewform?c=0&w=1

-Cuestionario para os/as residentes nas parroquias https://goo.gl/forms/i0SLfehlqADXLHYf2

-Cuestionario para os/as residentes no casco urbano https://goo.gl/forms/xNDutPf0Mlz7oNVD3

Esta iniciativa da concellería de Participación Cidadá segue a liña dos obxectivos recollidos na estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” financianda con fondos FEDER da Unión Europea.

Para Cristina Fernández é fundamental traballar con e para os veciños e veciñas.