Visita guiada polo centro de Ponteareas

Diapositiva1A Biblioteca Municipal de Ponteareas dependente da Concellería de Cultura que dirixe Andrés Sampedro Fernández, e dentro da programación de verán ven de organizar unha visita guiada polo centro histórico de Ponteareas que terá lugar o xoves, día 21 de agosto, as 21.00 h.

Neste percorrido pola historia da vila do Tea , visitaranse os edificios e lugares máis emblemáticos de Ponteareas: a Casa do concello, a Praza de Bugallal, a Ponte dos Remedios, o edificio da Graduada, a Praza Maior, etc. Desta forma os asistentes podrán comprobar e gozar das numerosas e importantes obras de arte que alberga Ponteareas e que moitas veces son moi pouco coñecidas e valoradas.

Para todos os interesados en participar desta visita, a saída realizarase, ás 21.00 h. diante da Casa do concello. É imprescindible a inscrición previa na Biblioteca ou chamando ao teléfono 672 105 468.