Ven desfrutar do xadrez co III Torneo Internacional Sub-2200 Xadrez Ponteareas

A concellería de Deportes, que dirixe Nahir Covelo, convida a toda a veciñanza a desfrutar do xadrez co III Torneo Internacional Sub-2200 Xadrez organizado pola escola municipal de xadrez de Ponteareas.

No marco deste torneo tamén se desputará o I Gran Premio Acludi e haberá actividades lúdicas.

O sábado día 5 e o domingo día 6 o Instituto de Ensino Secundario do Barral, en Ponteareas, acollerá este torneo que se xogará co sistema suízo de cinco roldas.