Ven desfrutar do DIVERNADAL, un espazo lúdico baixo a carpa da Praza Maior

O concello de Ponteareas, a través das concellerías de Eventos e de Promoción Económica, convida a todas as familias a participar nunha nova edición de Divernadal. Este sábado 23 de novembro e todos os sábados de decembro dende as 17 ata as 19 horas as máis pequenas e os máis pequenos dos fogares poderán atopar baixo a carpa da Praza Maior un espazo de lecer donde aprender e divertirse.

Seguindo na liña de traballo da transversalidade ademais de ofrecer ás familias un servizo de entretemento infantil totalmente de balde, tamén se facilita que os adultos poidan dispor de tempo para realizar as súas compras no comercio local.