Ven ao teatro este sábado na casa cultural de Ribadetea

Esta fin de semana temos unha cita co teatro amador na casa cultural de Ribadetea. Dentro do programa Cultura 24 que a concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, deseñou para ofertar actividade cultural de totalmente de balde nas 24 parroquias, o grupo de teatro “Pedra do Cabalo” de Celeiros porá en escena “Queremos casar á filla” este sábado 14 de decembro ás 20:30 horas.