Veciñanza de Moreira e goberno percorrerán a PO-403 para detectar os puntos críticos na seguridade viaria

O goberno de Ponteareas realizará unha andaina coas veciños e veciños de Moreira este sábado día 24 dende o cruce da fábrica ata a ponte do río Uma en Angoares ao longo da estrada PO-403 á que convida a asistir a todos e todas a interesadas e grupos da Corporación.

Acompañados das directivas de asociacións de Moreira, goberno e veciñanza analizarán os puntos críticos para a seguridade viaria nesta estrada e un inventario das necesidades de mellora neste tramo.

Ás 10:00 horas partirán xuntos sen interromper a circulación de vehículos, adoptando as medidas precisas para o bo desenvolvemento e establecendo persoal de control. 

Aberto o prazo de alegacións ao proxecto de mellora da seguridade viaria proposto pola Xunta de Galicia, o goberno convida aos veciños e veciñas a trasladar todas as eivas e carencias do proxecto. 

Para o goberno de Ponteareas o traballo en conxunto coa veciñanza é fundamental para que os proxectos de hoxe sexan de utilidade no futuro.