Vacinas si ou non?

A concellería de Saúde ofrece unha charla gratis con profesionais que explicarán a importancia de seguir o calendario de vacinación

Co obxectivo de formar e ofrecer información útil e formar á cidadanía, a concellería de Saúde que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández informa que o vindeiro xoves día 14 de novembro terá lugar a charla informativa “Vacinofobia”.

O enfermeiro coordinador de pediatría do centro de saúde de Ponteareas, Alfonso Porto, e Nemesio Boente, enfermeiro responsible do punto de vacinación do centro de saúde local, explicarán ás familias a importancia de seguir o calendario galego de vacinación e resolverán as posibles dúbidas que os e as participantes precisen trasladar.

Totalmente de balde a charla terá lugar na sala multiúsos do auditorio municipal ás 19 horas.

A concellería ofrece un servizo de canguraxe que se ubicará na entrada principal do auditorio municipal e todas as familias que desexen empregalo deben inscribirse no teléfono 673 08 08 65.