O V FESTIVAL GROBA LEVA A SÚA MÚSICA FORA DO AUDITORIO

Este ano a V edición do Festival Groba, que se celebrará do 11 o 18 de agosto, sae do Auditorio Municipal para celebrar dous concertos fora do espazo escénico.
A OCGa ten unha especial sensibilidade hacia ós maiores e, tras propoñer á Concellaría de Benestar Social, Igualdade, Ludoteca e Mocidade a posibilidade de realizar un concerto especial para maiores, houbo unha resposta inmediata por parte da súa concelleira. Así, o domingo 13 ás 11 da mañá, levarase a cabo un concerto nas instalación da Residencia no que se interpretará un repertorio sorpresa, especialmente pensado para os nosos maiores, no noso afán de achegar a música a todos, como nesta ocasión, ós que teñen algunha dificultade.
E por outra banda, a OCGa sempre está pendente do patrimonio cultural, artístico e histórico de todas as cidades, vilas e aldeas de Galicia, e neste senso, quere facer unha pequena homenaxe ó edificio do Concello de Ponteareas que no próximo ano cumprirá 120 da súa construción.
Por ese motivo, o mércores 16 realizaráse un concerto no Salón do Pleno do edificio municipal no que os internacionalmente coñecidos Clara Yumi Kang, violinista, e Leonard Elschenbroich, cellista, interpretarán Duo para violin e violoncello, de Z. Kodaly e dentro do noso Programa Xoves Músicos Galegos, o clavecista Ramón Pérez Sindín, interpretará
un erpertorio de breves pezas de A. Forqueray, J. Duplhy, Rameau e Mozart.

O Festival Groba segue avanzando e crecendo ano tras ano buscando novos xeitos de chegar a novos públicos.