Unha alumna do CEIP Fermín Bouza Brey gaña o 1º concurso de relato curto de medo

Sara Cabaleiro do CEIP Fermín Bouza Brey gaña o primeiro premio do concurso de relatos curtos  “Ai mamasiña que medo!”.

O xurado composto por xornalistas, escritores e profesores de educación primaria valorou os trinta e oito relatos finalistas recollidos dos centros escolares de Ponteareas resultando gañador con 55 puntos o relato “A escaleira de caracol” asinado baixo o pseudónimo de “Lello”.

O segundo posto foi para Leilia Covelo do CEIP Feliciano Barrera co relato titulado “O conto maldito”  e o terceiro premio foi para Laura García do CEIP Ramiro Sabell co relato “A Casa do Medo”.

Os premios entregados pola Concellería de Cultura foron:

  • 3º PREMIO  dotado cun lote de libro e diploma, con unha puntuación de 36 puntos o relato “A casa do medo”, co seudónimo de “White”
  • 2º PREMIO dotado cun lote de libros e diploma , con unha puntuación de 52 puntos o relato “O conto maldito”  co seudónimo de “Contraaventura”.
  • 1º PREMIO dotado con un premio de unha tablet e diploma , con unha puntuación de 55 puntos o relato “A escaleira de caracol” co seudónimo de “Lello”