Un obradoiro con motivo do día da Biblioteca

Con motivo do Día da Biblioteca, a concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista convida a todos os pequenos e pequenas a participar no   obradoiro de marcapaxinas de conto mañá mércores 24 ás 18.00h. 
Ademais, os rapaces realizarán con fieltro figuras do seu conto favorito para convertelos en atractivos puntos de lectura.
 
Hortensia Bautista anuncia que o  xoves 25 de outubro celebrarase ás 18.00 h un contacontos do samain atlántico coa escritora Patt Skinner.