Últimos días para solicitar participación con postos na Feira de Outono de Ponteareas

A Feira celebrarase na Praza Maior da localidade a primeira fin de semana de novembro

Un ano máis, Ponteareas vivirá na primeira fin de semana de novembro unha nova edición da Feira de Outono. O venres 18 rematará o prazo de inscrición para que todos aqueles postos cuxos produtos sexan de outono, naturais ou ecolóxicos, poidan solicitar unha praza nesta feira. Para facelo, as persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico a feiraoutono@gmail.com.

Os postos estarán distribuídos, como cada ano, nunha gran carpa situada na Praza Maior da localidade. O obxectivo desta feira, que conta co apoio da Deputación de Pontevedra, continúa sendo o de pór en valor os produtos desta época do ano mediante a súa exposición e venda.