Últimos días para anotarse ao curso de monitor de ocio e tempo libre

O prazo remata o xoves 23 de xuño ás 14.00 horas para as interesadas e interesados en participar

A Oficina Muncipal de Información Xuvenil, dependente da Concellería de Mocidade do Concello de Ponteareas, que xestiona Verónica Carrera, colabora na organización dun  curso de  monitor/a de ocio e tempo libre, título oficial da Xunta de Galicia, que terá lugar do 27 de xuño ao 29 de xullo. O dito curso inclúe o carné de manipulador/a de alimentos. O seu horario será de 8:00 a 15:00 horas de luns a venres.

cartel curso monitora definitivo

 O curso esta aberto aos mozos e mozas que teñan cumpridos os 18 anos, e o prezo total  é de 190 €, que deberán ser ingresados na conta da empresa FERVENZA, Escola de tempo Libre. O pago pode realizarse de forma fraccionaria.

Para solicitar máis información os interesados poden dirixirse a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ponteareas situada na Biblioteca Municipal da rúa A Perillana ou chamar ao teléfono 672 105 468. A matricula realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Ponteareas