A concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, informa que se abre un novo proceso de adxudicación de prazas para o campamento de concialiación Verán Rural 2019, ao non quedar cubertas a totalidade das prazas ofertadas.
As familias interesadas deberán presentar no rexistro xeral do concello a documentación que se contempla nas bases aprobadas o 24 de maio e que atopan colgadas na web do concello na pestaña Servizos, bases ensino ou clikando directamente na ligazón https://ponteareas.gal/servizos/ensino/bases-ensino/
Os prazos de presentación de solicitudes será:
2ª quenda de xullo o Verán Rural estará en Guláns e Prado, a presentación da documentación será entre o día 5 e o día 9 de xullo, ámbolos dous incluídos.
O prazo para proceder ao pago, unha vez publicadas as listas de admisión, será do día 10 ao 12 de xullo, ámbolos dous días incluídos.