Últimas prazas para desfrutar do campamento de concialiación Campus Tea 2019

A concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, informa que se abre un novo proceso de adxudicación de prazas para o campamento de concialiación Campus Tea 2019, ao non quedar cubertas a totalidade das prazas ofertadas na segunda quenda de xullo e na primeira e segunda de agosto. 

As familias interesadas deberán presentar no rexistro xeral do concello a documentación que se contempla nas bases aprobadas o 23 de maio e que atopan colgadas na web do concello na pestaña Servizos, bases ensino ou clikando directamente na ligazón https://ponteareas.gal/servizos/ensino/bases-ensino/

Os prazos de presentación de solicitudes para a 2ª quenda de xullo, para a 1ª quenda de agosto e para a 2ª quenda de agosto, quendas para as que aínda quedan prazas, será do día 5 ao 19 de xullo, ámbolos dous días incluídos.

O prazo para proceder ao pago, unha vez publicadas as listas de admisión, será:

2ª quenda de xullo do día 10 ao día 12 de xullo, inclusive

1ª quenda de agosto, do día 22 ao día 24 de xullo, inclusive

2ª quenda de agosto, do día 22 ao día 24 de xullo inclusive