Última cita coa música clásica do Festival Groba

E  chegamos ao último día da VI edición do FESTIVAL GROBA 2018 que será hoxe venres 24 ás 21:00 no Auditorio Reveriano Soutullo. 

Tras  o    íntimo  concerto  de  cámara  ofrecido  polo  Cuarteto  Ophir  no  Salón  de  Plenos  do Concello  de  Ponteareas, volve  a  Orquestra  de  Cámara  Galega  para  ofrecer  unha  nova  estrea mundial da obra do Mestre Groba, Sinfonieta Rococó en re, baseada nun canto popular galego. Foi composta no ano 2013 para unha formación de corda e ventos.

Ademáis da obra do Mestre Grobra, a Orquestra e Cámara Galega interpretará a  Sinfonía nº 8 kv 414 de W. Herzchell e compretará o programa o pianista italiano Sandro D’Onofrio cun concerto para piano nº 13 de W.A. Mozart. 

Este  festival  tivo  tres  claros  protagonistas:  as estreas de  diversas    obras  do  Mestre  Groba,  a voza  través  do  magnífico  Coro  de  Cámara  de  Pamplona  e  o metal,    máximo  exponente mundial da trompeta, o gran Pacho Flores. 

A organización do festival agradece  a  confianza  que,   ano  tras  ano,  veñen  demostrando  a  Xunta  de   Galicia,  a Deputación de Pontevedra e o concello de Ponteareas.

“Para nós, a finalización dun Festival significa o comenzo do traballo para  a  seguinte  edición,  así,  estamos  xa  pensando  nas  posibilidades  de  incorporar  novos proxectos, disciplinas … sempre en constante evolución e crecemento”. 

O concello de Ponteareas e a organización agardan que disfruten co último concerto desta VI edición do FESTIVAL GROBA, un  festival  único,  adicado  á  música  clásica  que  pon  Galicia  no  mapa  cultural  internacional poñendo en valor o noso patrimonio musical e os nosos valores culturais.