O Concello de Ponteareas formalizou o convenio de colaboración coa Xunta e o banco para axudar na organización de publicidade, promoción no exterior,actuacións musicais, entre outros
O acordo contempla unha aportación de 40.000 euros por parte da Axencia Turismo de Galicia, organismo dependente da Presidencia da Xunta. Pola súa banda, Abanca aportará 10.000 euros.
O Concello destina esta axuda a diferentes razóns: carteis, iluminación, actuacións na rúa, concertos, imaxe e son, transporte, florería, actividades para cativos e cativas, publicidade, fogos de artificio ou un video promocional.