Trescentos deportistas participan no Campionato Escolar Provincial de Bádminton

dav

A concellería de Deportes, que dirixe Benito Márquez, convida a toda a cidadanía a desfrutar do deporte este sábado día 11 no que o pavillón Álvaro Pino acollerá o Campionato Escolar Provincial de Bádminton por equipos, organizado polo Club Bádminton Ponteareas.

Un total de 300 deportistas chegados de toda a provincia competirán nas categorías de benxamín mixto, alevín masculino, alevín feminino, infantil masculino, infantil feminino, cadete masculino e cadete feminino).

Os partidos desputaránse de 15:30 a 20:30 horas. A organización agradece a colaboración do servizo provincial de deportes de Vigo, de ADECOMPAR, do concello de Ponteareas e dos patrocinadores ademais de agradecer o apoio das familias e profesores que fan posible este campionato.