O tren turístico volve percorrer a historia de Ponteareas

O tren turístico do Condado volve esta fin de semana a visitar Ponteareas, os días 29 e 30 de setembro e o 1 de outubro percorrerá o centro urbano amosando a riqueza histórica e patrimonial da cidade.

Por cinco euros a viaxe e con guía incluído os participantes desfrutarán dunha viaxe amena que parte da rúa Rogelio Groba paralela ao edificio do Concello de Ponteareas o venres 29 e o sábado 30 e da Praza Bugallal o domingo 1 de outubro. A viaxe ten unha duración de 45 minutos e os pequenos de 0 a 5 anos van de balde. Cada hora dende as dez da mañá ata as oito da tarde o tren turístico arranca rumbo á historia de Ponteareas.

O tren turístico ofrece outros percorridos para grupos baixo reserva dos que se poden informar na súa páxina web ou nos teléfonos de contacto de Salvaturismogalicia: 986 182 908 / 886 216 447 ou a través do enlace electrónico http://www.salvaturismogalicia.com

O tren turístico dará a coñecer os recunchos máis senlleiros do centro urbano e promocionará o patrimonio natural, gastronómico e cultural de Ponteareas.