Tras corenta anos de servizo, Otero xubílase como Policía Local

A Concellería de Seguridade Cidadá e a Policía Local de Ponteareas homenaxearon ao policía Fernando Fernández Otero con motivo da súa xubilación. Tras corenta anos de servizo en Ponteareas, Otero xubílase cun balance positivo e optimista no que tamén hai lembranzas para o compañeiro Alfonso Garrido, ferido nun tiroteo nun intento de atraco a un concesionario no ano 92.

Herdou a profesión do seu pai e conducíu o primeiro coche que tivo a Policía Local, un Seat 1500, confía na sociedade e na xuventude de hoxe e lembra a dureza dos anos setenta e oitenta nos que a droga destruiu boa parte das familias, da súa tamén.
A Concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, tivo palabras de agradecemento para Otero pero, sobre todo, destacou a súa capacidade de adaptación aos novos tempos.

O xefe da Policía Local, Benignol Moldes, en nome de tódolos compañeiros fíxolle entrega dun agasallo e ofreceu unhas emotivas palabras para o policía que ensinou a cada un dos que entraba novos e que os acompañou nos seis comezos.
Coa marcha de Otero a Policía Local contará con dezoito axentes.