Torneo Corpus Christi de Pádel

 

Mañá venres terá lugar o inicio no Complexo Deportivo Álvaro Pino do Torneo Corpus Christi de Pádel, evento deportivo que está organizado pola Concellería de Deportes de Ponteareas, xestionada por Benito Márquez, e por Insdega XXI, a concesionaria do complexo deportivo municipal, con motivo das festas do Corpus que terán lugar neste mes de xuño. O evento conta con catro categorías: masculina, feminina, mixta e infantil, todas elas divididas por niveis.
O sábado 17 pola tarde está previsto que se disputen as finais e a continuación farase entrega de numerosos premios cunha festa fin de torneo á que están invitados tódolos participantes e tódolos veciños que queiran asistir.
Dende Insdega agradecen a todos os patrocinadores e colaboradores por todo o seu apoio. Pola súa banda, o concelleiro de Deportes animou a toda a veciñanza a asistir a este evento e desfrutar dun deporte que está está en pleno auxe na vila.