Tod@s xunt@s contra as especies invasoras!

A oficina municipal de voluntariado (Voltea) dependente da concellería de Benestar Social e Mocidade que dirixe Verónica Carrera, convida a toda a veciñanza a participar na xornada de eliminación de especies invasoras que terá lugar o sábado 27 de outubro no entorno do Castro de Troña.

Tras os incendios do 2017 os montes están invadidos de especies invasoras que impiden a normal recuparación do solo e do bosque autóctono polo que a Concelleria coa colaboración dos voluntarios e voluntarias quedará ás 09:30 horas no propio Castro de Troña, en Pías, para tentar eliminar o maior número posible de invasoras.

Os e as interesadas poderán obter máis información e confirmar asistencia nos teléfonos 687 764 516 ou no 661 761 685.

Aconséllase levar botas, luvas e, sobre todo, moitas ganas de axudar!.