Todos os sábados, sesión de baile no centro social

A concellería de Benestar Social, que dirixe Verónica Carrera, organiza en colaboración coa Asociación de Maiores de Ponteareas as sesións de baile que terán lugar todos os sábados ata o mes de xuño (incluído).

No patio do centro social a concellería disporá de música en directo para que todos e todas as que queiran divertirse e porse en forma o poidan facer bailando de 18 a 20:30 horas cada sábado.

Sanas para a mente e para o corpo, estas sesións de bailes están financiadas íntegramente pola Concellería de Benestar Social que convida a realizar de xeito gratuíto unha actividade que permite establecer relacións sociais e mover o esquelete.