Todos e todas baixo o mesmo paraugas!!!

O concello de Ponteareas sumouse á campaña de concienciación social “Todos e todas baixo o mesmo paraugas” para conmemorar o “Día mundial das persoas con discapacidade”. Membros de Avelaíña saúde mental e de ADAPTA concetráronse xunto ao alcalde Xosé Represas e as concelleiras e concelleiros do goberno para reivindicar unha sociedade en igualdade.