Todos co deportista Marcos Bajo a súa chegada a Ponteareas

Organizada pola asociación “Muévete por los que no pueden” en colaboración co deportista Marcos Bajo , a terceira volta solidaria chegará mañá a Ponteareas tras percorrer media España en modaliade duatlón. A chegada será as 16:30 horas diante do concello de Ponteareas e a concellería de Saúde que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández convida a toda a cidadanía a arroupar ao deportista.

Marcos Bajo, que ten unha discapacidade visual, realizará a diario durante 35 días unha maratón a pé e unha media maratón en bicicleta para dar a coñecer as enfermidades raras (ER), animar ás persoas con discapacidade a practicar deporte e eliminar as barreiras sociais achegando á poboación a realidade dos pacientes e dos familiares de ER.

A marcha, que rematará en Barcelona o 10 de novembro, tamén recadará fondos para a investigación destas enfermidades vendendo diferentes produtos de merchandising que se poderán adquirir o día da chegada a Ponteareas diante da casa do concello.

Esta marcha solidaria une a cinco centros de investigación en ER que foron becados en 2018 e 2019 por esta asociación.