Todos a desfrutar dos concertos didácticos da Escola de Música de Xinzo este mércores no auditorio

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida á veciñanza ao concerto didáctico “Tí si que tocas” organizado pola concellería en colaboración coa Escola de Música de Xinzo.

En colaboración coa actriz galega Cristina Collazo este mércores día 16 terá lugar unha nova edición dos concertos didácticos, nesta ocasión, baseados no afamado programa televisivo.

Celebrarase no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas con dous pases ó longo da mañá, para o disfrute do alumnado dos colexios do concello.