Todas as forzas de seguridade estarán representadas no posto de mando avanzado do Corpus de Ponteareas

O goberno de Ponteareas pecha o protocolo de seguridade cidadá nun encontro presidido polo Alcalde de Ponteareas e no que participaron a concellería de Seguridade Cidadá, a Policía Local, Bomberos de Ponteareas, Protección Civil, Garda Civil representada polo Coronel xefe da comandancia de Pontevedra, capitán xefe da compañía en Tui e sarxento en representación da Garda Civil de Ponteareas; Policía Autonómica, representantes de AXEGA, representantes do SERGAS en Ponteareas e representantes da Cruz Vermella.

O plan de seguridade para as festas do Corpus de Ponteareas será coordinado por un posto de mando avanzado situado na praza Bugallal donde estarán respresentados todos os corpos de seguridade que realizarán un control de venda de bebidas alcohólicas a menores ademais das tarefas propias de seguridade cidadá que se verá reforzadas por cinco cámaras de vixianza en distintos puntos do percorrido das alfombras para o control de posibles substracións de carteiras e pequenos hurtos.

A seguridade estará apoiada por patrullas cinolóxicas, un grupo especial da Garda Civil, patrullas de paisano e todo o protocolo do operativo  

O dron dos bombeiros estará en disposición de ser empregado por se é requeirdo durante os días grandes das festas do Corpus. 

A concelleira de Seguridade Cidadá adianta o posto de mando avanzado, ao igual que o ano pasado, será coordinado por  AXEGA (Axencia Galega de Seguridade).

Dentro do operativo disporase de dúas zonas de aterrizaxe para helicópteros por se houbera que facer algún traslado de emerxencia, unha ubicada na zona do parque das Pombas e outra no entorno do Centro de Saúde. 

A concelleira tamén solicitou á EOXI da área de Vigo dependente do Servizo Galego de Saúde que reforce o centro de saúde de Ponteareas na noite do dous ao 3 de xuño e na mañá do domingo día 3 na que terá lugar a procesión.

Para a concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, “é imprescindible a óptima coordinación de tódalas forzas de seguridade locais coas comarcais, provinciais e autonómicas xa que as festas do Corpus Christi implica a afluencia de milleiros de persoas e está nas nosas mans que todos e todas os asistentes poidan gozar dunha noite de lecer e tradición sen sobresaltos. O traballo conxunto e ben coordinado sempre da bos resultados”.

Fernández adiantou que durante o encontro prohibirase a circulación e estacionamento de vehículos de masa máxima autorizada superior a 3,5 toneladas no casco urbano, agás carga e descarga ou zonas habilitadas para a subida e baixada de viaxeiros, dende as 16:00 horas do sábado 2 de xuño ata as 16:00 horas do domingo 3 de xuño. Os autobuses destinados ao transporte de viaxeiros poderán cargar e descargar viaxeiros na estación de autobuses pero aparcarán no entorno de Pardellas.

Ás zonas de aparcamento habituais súmase un novo espazo céntrico e con amplitude nos terreos de Granitos que contará con dúas entradas, unha por Avda. De Galicia e rúa Real para poder aparcar de balde.