TI TES A CHAVE

Dende o concello de Ponteareas seguimos avanzando en fórmulas para ter un concello sostible e concienzado co medio ambiente ,

“TI TES A CHAVE” trátase dun proxecto piloto de recollida de biorresiduos en colector pechado, é unha modalidade pensada para as familias que non poden ter un composteiro individual na súa casa e non empregan os centros de compostaxe comunitario.

Con esta opción vivas onde vivas terás a opción de compostar.

COMO FUNCIONA

Para unirte deberás cubrir unha ficha de adhesión, é un proxecto voluntario e gratuito e válido para calquera tipo de familia. Dende o concello entregarémoste :

  • Unha chave electrónica, en forma de tarxeta.
  • Un caldeiro aireado de 10 litros para recoller os biorresiduos
  • Un paquete de bolsas compostables

 

A CHAVE

Os colectores marróns están pechados, polo que para deixar a bolsa de biorresiuos deberás abrilo cunha tarxeta.

Así evitaremos que calquera pesoa poida depositar residuos que non sirvan para compostar. Isto é moi importe, a presenza de material non compostable pode contaminar e deixar o compost inservible.

Para facer compost non vale calquera tipo de residuos, se tes dúbidas sobre o que se pode compostar ou non :

HORARIOS

Podes deixar a bolsa no colector marrón  a partir das 19:00 h. (entre o 1 de outubro e o 31 de marzo), e a partir das 21:00 h. entre o 1 de abril e o 30 de setembro).  Logo trasladaranse a unha planta de compostaxe onde, mediante un procedemento ecolóxico, serán transformados en compost.

DESCARGAS

FORMULARIOS

DOMÉSTICOS

https://forms.gle/Xo8m5HwdDTCTdHDj8

COMERCIAIS

https://forms.gle/QAuNwde4bKX9oQY26