
A concelleria de Ensino que dirixe Cristina Fernández convida á mocidade a participar no vindeiro encontro de “Café coa Mocidade” que terá lugar o luns 28 de xaneiro ás 18:30 horas no Teatrovar.
A doutora en ciencias da saúde Thais Pousada informará ás e aos participantes sobre as “cousas quefacer antes dos 30”. A ponteareá Thais Pousada relatará as diferentes oportunidades e ofertas que teñen os mozo e as mozas en canto a viaxes, axudas, formación e emprego, entre outros aspectos que mellorarán a formación persoal e lectiva.
Co obxectivo de promover unha sociedade participativa e activa a concellería desenvolve estas sesións de xeito estable ao longo de todo o curso escplar.