Terceiro día de Festival Internacional de Teatro de Rúa en Ponteareas: Toca disfrazarse de pitiños e galiñas!!!

A concellería de Eventos, que dirixe a alcaldesa en funcións Cristina F. Davila, convida a participar da programación do III Festival Internacional de teatro que sigue mañá venres día 7.

Co terceiro día de Festival chega o momento de disfrazarse de pitiño ou galiña ou do animal que máis gosten para participar no “Paseo dos pitiños” de Biringucho. Ponteareas converterase nun gran poleiro máxico da man de Mamá Galiña para percorrer Fernández Vega, Ramiro Sabell, Castelao e o Parque da Perillana. A charanga Alecríns alegrará tamén as rúas de Ponteareas neste percorrido. Ás 19:30 horas no parque da Perillana sesión de títeres coa compañía galego-cubana Cascanueces que nos agasallará con “Unha armadura con ferruxe”. Ás 20:30 no parque da Perillana volverá rexurdir “O Paseo dos Pitiños” para viaxar á rúa Braña, Fdez Vega, República Arxentina, Esperanza e praza Bugallal. Ás 21 horas o madrileño Máximo Óptimo presentará o espectáculo circense “Optimus” na praza Bugallal. Ás 22 horas na praza Bugallal actuará a charanga Alecríns.

O sábado día 8 ás 19 horas nos xardíns do Concello arranca “O Paseo dos Pitiños” e todos podemos volver disfrazarnos de galiñas ou poliños para chegar a Trovador Xoán García de Guillade, ao parque Ferro Ucha, ao Paseo Matutino e rematar na Feira Vella coa participación da charanga SDK. Ás 19:30 horas na Feira Vella volve Máximo Óptimo co seu circo “Óptimus” e ás 20:30 horas na Feira Vella teremos unha nova oportunidade de gozar co paseo de Biringucho.

O III Festival Internacional de Teatro de Rúa despedirase de Ponteareas ás 21 horas na praza Maior coa música de Paco Nogueiras e o seu espectáculo “Radio Bule Bule” que nos fará mover o esquelete.