A Tenente de Alcalde legaliza instalacións eléctricas de escolas públicas

A concellería de Vías, Obras e Alumeado que dirixe a Tenente de Alcalde, Chus Garrote, ven de investir un total de 24.000€ na legalización e reforma das instalacións eléctricas dalgunhas das escolas rurais e centros culturais. 

“Escolas como as de Xinzo, Areas ou Pías, entre outras moitas, non tiñan as instalacións eléctricas axeitadas para poder conectarse á calefacción eléctrica ao non ter contratada a suficiente potencia polo que procedemos a finais de 2017 a comezar as obras precisas para legalizar e dar seguridade ás instalacións. A pesar de saber o risco que isto supuña e de ter feito varias reformas o PP nunca se molestou en legalizalas expondo aos usuarios e usuarias a un perigo”, explica a Tenente de Alcalde socialista.

En concreto, a concelleira socialista destinou 7.548€ á escola de Xinzo, 3.358€ á de Areas, 2.556€ á de Pías, 4.075€ á de San Mateo, 558€ á de Santiago de Oliveira e 1.718€ á de Moreira.

Os centros culturais nos que se realizaron estes traballos eran antigas escolas que agora son de titularidade municipal co uso cedido aos veciños e veciñas como o de Cumiar no que se invertíu un importe de 2.069€ e o de Santiago de Oliveira de 2.033€.

“Estas instalacións eléctricas que xa foran reformadas cos gobernos anteriores non dipuñan nin dos proxectos nin dos boletíns correspondentes necesarios para solicitar o aumento de potencia. Chegamos a atopar limitadores e diferenciais puenteados que poñen en perigo e grave risco á seguridade das persoas. Por estes motivos actuamos responsablemente facendo as obras precisas para dar cumprimento á lei e garantir a seguridade”, engade Chus Garrote. 

Así mesmo, tamén se investiron 5.000€ na substitución de cadros de alumeado público en mal estado en diversas parroquias.