Teatro no centro cultural de Ribadetea

Este domingo día 28 abril o centro cultural de Ribadetea contará coa actuación do grupo de teatro de Xinzo ás sete da tarde. Enmarcada dentro das actividades do circuito cultural para as parroquias o grupo representará “Anacleto busca moza”.