Tarque e Leiva, ao fronte de Gran Cañón, cabezas de cartaz do Rock in Rio Tea 2018

O concello de Ponteareas e a organización da sexta edición do Rock in Río Tea presentan o cartaz coa programación do que “posiblemente é o mellor festival gratuíto da provincia”, manifestou o Alcalde, Xosé Represas.

Encabezando o cartel Gran Cañón, financiada polo concello de Ponteareas, unha banda moi especial, da que forman parte músicos consagrados da escena nacional, que ten ó fronte a voz máis importante do Rock and Roll en español na actualidade. Un motivo polo que Carlos Tarque sempre foi a aspiración mais ilusionante para a organización do festival pero non o único; a especial relación de Tarque con Ponteareas, de donde é a súa nai e donde aínda reside boa parte da súa familia, fai que poder gozar do músico e compositor sobre un escenario da vila sexa un orgullo para o Rock in Río Tea, e se converta no acontecemento musical máis esperado en moito tempo.

Carlos Tarque non chega só a Ponteareas. Polo escenario “Aguas de Mondariz” pasará un auténtico “dream team” do Rock and Roll. Gran Cañón conta nas súas filas con Leiva (Pereza) na batería e na voz, Julián Maeso ó piano e co seu inseparable órgano Hammond, Ovidi (Los Zigarros) na guitarra e na voz, Iván “Chapo” (M-Clan) ó baixo e Prisco (M-Clan) na guitarra. Unha banda incrible que repasará ós clásicos do Rock dos 70.

O Alcalde agradeceu o esforzo dos organizadores do festival para acadar este cartel da sexta edición.

O sábado 21 de Xullo, compartirán cartel con Terbutalina, outra banda moi desexada pola organización que aportará ese punto de loucura garaxe-punk que fará bailar a todo o que se acerque polo parque da feira vella. Os Madrileños The Parrots, completarán esa enerxía garaxeira e gamberra coa que triunfan dentro e fora das nosas fronteiras no escenario “Mahou”. Basanta, que están a arrasar co seu último traballo “Colorama” levarán a maxia o misterio e o fuzz ó escenario “Aguas de Mondariz”, no que abrirán o festival os gañadores do concurso de Bandas 2018 Atomic Lemons. Os lisboetas Her Name Was Fire completarán o cartel do sábado subindo os decibelios co seu stoner arrasador.

O venres 20 de Xullo teremos a unha das bandas galegas con mais proxección do momento. Stoned At Pompeii, que xa están a xirar por todo o mundo co seu traballo “Ancroidal”, paticipando en festivais tan importantes como o Resurrection Fest, encabezará a proposta do venres. A banda local MET, que xa participaran na primeira edición do festival volven a casa co seu espirito indie. Abrirán a xornada do venres os alumnos da CDM (Rock School) de Ponteareas, o futuro do Rock and Roll, que namoran co seu precoz talento e a súa espontaneidade.

A concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista apoia este festival que congrega na feira vella a un público chegado de toda Galicia e norte de Portugal atraído pola música rock e polo ambiente festivo.