Tarde de xogos este venres a partir das 17:30h

O concello de Ponteareas convida ás familias a participar na tarde de actividades “Ponteareas, Xoga” organizada por BANASTRA centro comercial aberto o venres 2 de 17:30 a 21:00 horas.

Inchables acuáticos na Praza Bugallal, inchables na zona da escola infantil, obradoiros de tatuaxe e maquillaxe na praza da Música (enriba do auditorio municipal), xogos con Bob Esponja e Mickey no parque de Ponteareas Cidade e unha festa da escuma na Praza Maior para pechar esta tarde de festa na Praza Maior.

Cando comece a festa da escuma todos e todas poderán participar no sorteo de agasallos depositando na furna ubicada na praza Maior a papeleta cuberta. O sorteo será ás 21:30 horas.