Taichi para todos na Praza da Música

A Concellería de Deportes do Concello de Ponteareas, que dirixe Benito Márquez, convida a tódolos veciños e veciñas a participar na xornada deportiva de taichi que se celebrará o vindeiro 15 de xullo a partir das 10:00 horas na Praza da Música (enriba do auditorio).
O taichi é unha arte marcial que ofrece beneficios tanto a nivel corporal como mental, pola parte de meditación que inclúe. Trátase de exercizos realizados lentamente e de xeito suave e trabállanse tódolos músculos do corpo tendo en conta factores como a forza, a flexibilidade e o equilibrio. Deste xeito axuda a mellorar a condición física no tratamento de enfermidades circulatorias.