Subvención da Deputación Provincial ao Clube Ciclista Ponteareas

imagen club ciclistaO pasado venres día 8, no salón de actos da casa do concello, a deputada provincial Marta Iglesias entregou a resolución dunha subvención de 15.000€ por parte da Deputación de Pontevedra ao Club Ciclista Ponteareas. Dito acto contou coa presenza do alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, da Tenente de alcalde, Belén Villar, do concelleiro de deportes, Alberto Novoa e do presidente do club Laureano Calviño acompañado de varios directivos e ciclistas da escola, que manifestaron o seu agradecemento á deputada, pola aposta da Deputación por este deporte.
A axuda ten o obxecto de paliar os custos da participación en competicións oficiais, nas que este equipo está a conseguir moi bos resultados, e o mantemento da escola de ciclismo. Cabe destacar que, pese ao mal momento económico, a contía da bolsa aumentou respecto a anos anteriores, mostrando o apoio da Deputación Provincial ao deporte en xeral e ao ciclismo en particular.