Sorteo da campaña “mercar en Ponteareas ten premio”

_55A3689O 18 de xaneiro tivo lugar, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, o sorteo dos premios da campaña “mercar en Ponteareas ten premio”, que se realizou dende a concellería de comercio e industria, como  apoio e un complemento máis  a toda grande  laboura feita dente o sector comercial e hostaleiro deste Concello ,  e que buscaba  o premiar as  persoas compradoras e consumidoras nos establecementos deste Concello.

A campaña, que contou cunha grande acollida,  tanto dende establecementos comerciais coma de  hostalería, así como de consumidores,  tivo lugar dende o  15 de decembro do 2013 ata o 5 de xaneiro do 2014, premiando a  clientes que fixeran as súas compras ou consumira  nun establecemento de Ponteareas, recibindo  un boleto numerado, que lle permitía participar no sorteo de: O primeiro premio dun  fin se semana para dúas persoas nunha casa rural, grazas a colaboración da asociación de turismo Agarimo. O segundo, un lote de produtos da praza de abastos por valor de 120 euros. O terceiro, unha cea para dúas persoas por valor de 60 euros.

Estiveron presentes en dito sorteo  a concelleira de comercio e industria, Mª Sol. Valado, a traballadora munucipal, Antonia Yanes, que actuou como secretaria. Así como  representantes da asociación de comerciantes Tea, a presidenta dona Lina Limeres e Toñi Alconada. Como veciña e consumidora, dona Rosa Montenegro, acompañada de seu fillo Miguel, que xunto a outro neno, Pedro, foron os encargados de sacar as papeletas premiadas.

As persoas agraciadas foron:

Primeiro premio para Vanesa Domínguez Rodríguez, adquirido na cafetería a Clave.

Segundo premio para Ismael Porto, adquirido na floristería Román.

Terceiro premio para Marcos Castro, adquirido na cafetería República.

Por outra banda, tamén se premiou ao mellor escaparate do Nadal 2013. Actuou  como tribunal a tenente alcalde do Concello de Salceda, xunto con outras dúas persoas con formación en escaparatismo e ampla experencia no ámbito comercial.  O escaparate do establecemento elexido foi comercio Ártico, situado na rúa Senén Canido. O premio consiste en dous  pases para  Palacio da Auga de Mondaríz Balneario,  así como un diploma, que busca recoñecer o esforzo e orixinalidade na temática navideña