Silvia Taboada e a súa parella de baile Celso Galán gañan o trofeo nacional de baile latino

O pasado 8 de maio participaron no I Trofeo Ibérico de Baile Deportivo en Almendralejo, Extremadura, onde conseguiron tamén a primeira posición no Trofeo Ruta da Plata na súa modalidade de latino na categoría absoluta.

13091929_602050869961178_2337519888272384006_n (1)

A directora e profesora de bailes latinos e de salón no Centro de Actividades do seu nome, amais de bailarina, leva máis de quince anos ensinando bachata, merengue, kizomba, semba, salsa, tango, quickstep ou foxtrot, entre outros. Porén, non foi até o 2009 que a ponteará de adopción decidiu dirixir a súa propia escola. E no 2015 volveu a competir da man do seu novo compañeiro, Celso Galán. Coñeceuno a través das redes sociais e nunha semana xa estaban preparando novas coreografías para exhibicións e torneos.

O concelleiro de Deportes Benito Márquez congratúlase polos seus éxitos. “É un exemplo para o deporte en Ponteareas, polo seu esforzo, tanto por transmitir os seus coñecementos, como por demostrar o seu talento nas pistas de baile. Esperamos que siga apañando moitos éxitos no futuro”, comentou.