Silvia Núñez gaña o concurso “Remata o conto”

dav

A concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba, entregou os premios do concurso “Remata o conto” acompañado de representantes de Banastra Centro Comercial Aberto.

O xurado formado por Manrique Fernández, escritor e xornalista, polo concelleiro de Cultura e pola traballadora do departamento de cultura, Sofía Rodríguez, elexíu como gañadora desta edición a Silvia Núñez Álvarez, recaendo en Marta González Alonso o segundo premio e o terceiro en Remedios Paz Pino.

Na entrega de premios as tres gañadoras deron lectura á súa historia para que tódolos asistentes puideran desfrutar da súa creatividade.

Fernando Groba agradece a todos e todas as participantes a súa aportación e anímaos a seguir presentándose e a seguir sendo bos lectores e mellores escritores.