ASPRODICO

Barrio de Canedo SN
Telf:986 64 41 00
asprodico@ponteareas.es
Horario:

  • Luns e mércores de  7:30 a 17:30: horas
  • Martes, xoves e venres de 7:30 a 15:00 horas.

Horario de verán de xullo a setembro

  •  Luns e venres de 7:30 a 15:00 horas.

O centro Asprodico é de titularidade municipal. Desde a súa creación, no ano 1997, o centro converteuse nun referente na prestación de servizos psicopedagóxicos e ocupacionais para a área de Condado e A Paradanta.

O Centro Asprodico representa o compromiso do Concello de Ponteareas con tres sectores da poboación vulnerables: o mundo da discapacidade, a poboación infanto-xuvenil e aquela parcela poboacional que non tivo acceso ou abandonou a educación formal e hoxe quere recuperala.

Onde estamos?

O Centro municipal Asprodico está emprazado no barrio de Canedo s/n (Pontearas).

Mapa situación

Como contactar?

Para poñerse en contacto co centro para solicitar algún dos servizos que ofrece poden chamar en horario de atención ao público ao teléfono: 986 64 41 00

Horario de inverno de outubro a xuño

Ø Luns e mércores de 7:30 a 17:30: horas

Ø Martes, xoves e venres de 7:30 a 15:00 horas.

Horario de verán de xullo a setembro

Ø Luns e venres de 7:30 a 15:00 horas.

Que servizos ofrece?

O Centro Asprodico presta os seguintes servizos:

Taller Ocupacional
É un servizo que se presta de luns a venres, pola mañá, a persoas adultas con discapacidade psíquica, física e/ou sensorial, maiores de 18 anos e con necesidade de apoios xeneralizados.

Con este servizo preténdese a integración destas persoas, mediante a realización de actividades encamiñadas a desenvolver a súa autonomía persoal e capacitación social e laboral.

Poden ser usuarios/as do Centro Ocupacional ?Asprodico? as persoas a partir de 18 anos que teñan unha cualificación de minusvalía en grao igual ou superior ao 33%, e que padezan algunha discapacidade física , píquica ou sensorial ou ben unha combinación delas.

Descrición

Os Talleres Ocupacionais e de Axuste Persoal e Social forman o eixo de funcionamento do Centro Ocupacional, facéndose especial fincapé no traballo en actividades da vida diaria, hixiene e saúde, habilidades sociais, comunicación e coñecemento da contorna, contribuíndo a maximizar as súas posibilidades de autodeterminación, autonomía persoal e inclusión social.

O Axuste persoal e social baséase en:

1.-Reforzo pedagóxico: apoio escolar e estimulación da linguaxe, escritura; cálculo, estimulación da memoria, etc.

2.-Informática: coñecemento dos recursos informáticos e de Internet.

3.-Mantemento físico: pilates e ximnasia de mantemento

4.-Autonomía persoal: habilidades no fogar, ir á compra,

5.-Cociña

6.-Habilidades sociais: presentacións e saúdos; solicitar información en

institucións, organismos, etc.

Outros servizos

-Hidroterapia

-Hipoterapia

-Atención ás familias

-Transporte

Profesionais que interveñen:

-A dirección do centro está a cargo de Aurelio Otero Fernández, diplomado en Maxisterio

-A titoría do taller ocupacional está a cargo de Ana Belén Fernández Estévez, licenciada en pedagoxía e diplomada en Traballo Social.

-Rocío Márquez González é técnico superior en Animación Socio-Cultural e Animación Deportiva.

Gabinete Psicopedagógico
O servizo está especializado en tres ámbitos de actuación: atención temperá, logopedia e apoio psicopedagógico

Destinatarios a poboación infanto-xuvenil de cero a 16 anos

Atención temperá

Descrición

Conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos , á familia e á contorna ,que ten como obxectivo dar resposta o máis pronto posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os niñ@s con trastornos de desenvolvemento ou que teñen risco de padecelo

Logopedia

Descrición

Detección, diagnóstico e intervención nos trastornos da linguaxe, fala e da voz

Destinatarios

Dirixido á poboación infantil.

Apoio Psicopedagógico

Descrición

Detección, diagnóstico e intervención psicopedagógica das dificultades de aprendizaxe que os niñ@s presentan ao longo da súa idade escolar (desaxustes na atención, a lectura, cálculo), que obstaculizan o desenvolvemento académico do individuo e repercute no seu estado emocional.

Orientación á familia en todos aqueles aspectos englobados no espectro educativo.

Persoal do Gabinete Psicopedagógico

O persoal asignado ao gabinete compóñeno:

María Isabel Alonso Montenegro, licenciada en psicopedagoxía-pedagoxía e logopeda., responsable técnico do programa de actuación.
María del Carmen Fernández Carballido, diplomada en maxisterio e educadora social.
Cales son?

Os usuarios que utilizan o servizo do gabinete psicopedagógico abonan unha cota regulada pola ordenanza fiscal municipal publicada no BOP de 13 de febreiro de 2013.

Os usuarios deste servizo teñen acceso ás bolsas que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convocan cada ano para aqueles alumnos con necesidades educativas especiais.

Servizo de Educación de Adultos.
Este servizo ten dous ámbitos de actuación: Nivel 1- Habilidades instrumentais básicas e Nivel -2 Ensinos Básicos

Nivel 1 Habilidades Instrumentais básicas

Descrición

Ensino adaptado ás características da persoa adulta que necesitan adquirir técnicas básicas de lectura, escritura e cálculo. Metodoloxía individualizada.

Nivel -2 Ensinos Básicos

Descrición

Dirixido a aquelas usuarios@s sen ningunha titulación que desexan acceder á educación secundaria para persoas adultas, seguir con garantía de éxito a superación da proba para potenciar a súa participación na vida social e cultural.

Destinatarios

Persoas maiores de 18 anos.

Exentos de cotas

O curso de desenvolve de outubro a xuño.

Persoal do Servizo de Educación Adultos

María del Carmen Fernández Carballido, diplomada en Maxisterio e educadora social.
Aurelio Otero Fernández, diplomado en Maxisterio especialista en lingua galega.