Do pasado xoves día 1 ao venres día 16 o conservatorio municipal de música do concello de Ponteareas acolle a Semana de Audicións.
Hoxe luns día 5 ás 19:00 horas haberá música de cámara e conxunto instrumental na sala de conferencias.
Mañá martes ás 18:00 horas será o momento da frauta e do oboe na sala de conferencias do Conservatorio Municipal de Música e gaita e saxofón ás 20 horas.
O mércores sete as audicións comezan ás 18horas con piano, para continuar con corda ás 19 horas e con outra sesión de piano ás 20 horas, todas elas no auditorio.
Para o xoves día 8 ás 20 horas resérvase o concerto de fin de curso da escola municipal de música no auditorio municipal Reveriano Soutullo.
E xa o venres día 16 ás 19 horas audición de metal no auditorio do conservatorio.
Concello de Ponteareas
Xardins da Xiralda SN -Ponteareas C.P:36860
Pontevedra / telf: 986 64 00 00 - 986 64 00 00 50
Aviso Legal | Proteccion de datos | Uso de cookies