Segundo torneo de fútbol 7 en Xinzo

O campionato terá lugar os vindeiros días 11 e 12 de xullo no campo de herba artificial de Xinzo

torneo-xinzoEsta fin de semana celebrarase a segunda edición do torneo de fútbol 7 de Xinzo. Un total de 21 equipos competirán nun torneo que conta con importantes atractivos económicos e que, por segundo ano consecutivo, terá como sede o campo de herba natural Eido D´Albo.

A competición constará dunha primeira fase de 6 grupos na que os tres primeiros clasificados de cada grupo e o mellor cuarto de todos eles pasarán ás roldas eliminatorias. A fase do KO disputarse ao longo da xornada do domingo, 12 de xullo, e dividirase en oitavos de final, cuartos, semifinais e final.

O primeiro clasificado do torneo levará un premio de 600 euros, o segundo mellor equipo gañará 400 euros e o terceiro será recompensado con 200 euros. Ademais, a organización prevé a entrega de 50 euros para o equipo máis goleador e outros 50 euros para o equipo menos goleado.

O campionato está organizado polo Fútbol Club Xinzo e conta coa colaboración da concellería de Deportes, dirixida por Benito Márquez, da Comunidade de Montes de Xinzo e da Casa Cultural desta parroquia ponteareá.